Xaneiro 17, 2008 a 10:09 am (Imaxes)
Marlon Brando como Kurtz, en http://home3.inet.tele.dk/askagger/nibelungentreue.html
Léon Rom pudo ser un prototipo real do Kurtz imaxinado por Conrad. Oficial belga bravucón, era coñecido por expoñer no contorno da súa horta unha ringleira de cabezas cortadas de africanos. Tamén escribíu un libro sobre costumes africanos, pintou retratos e paisaxes, e coleccionou bolboretas.
Rom nacera en Bélxica, na cidade de Mons. Aos dezaséis anos alistouse no exército, mais non tiña suficientes estudos como para ascender a oficial. Despois traballou como contable para unha empresa de axentes de alfándegas, mais pronto se cansou do seu traballo. En 1886, aos vintecinco anos, chegou ao Congo en busca de aventuras. Nun tempo en que en todo o territorio había só uns poucos centos de homes brancos, Rom progresou con rapidez. Foi promovido pronto ao cargo de comisario do distrito de Matadi e, en calidade de tal, presidíu a primeira cerimonia de matrimonio civil dunha parella branca no Estado do Congo. Logo, actuou brevemente como xuiz. Tras conseguir diversas medallas, Rom acadou certa gloria a raíz dun episodio ocurrido na batalla contra os “árabes” cando penetrou audaz nun forte para negociar as condicións de rendición. “Rom prestouse espontáneamente como voluntario [...]. Saíu desarmado, acompañado só por un intérprete e, desde o punto asignado para a xuntanza, viu todas as tropas árabes tras das fortificacións, cos rifles preparados. Un emisario que portaba o Corán do sultán como salvoconducto invitouno a entrar na fortaleza. A pesar dos temores do intérprete, que temía unha trampa, Rom penetrou resoltamente no campamento inimigo. Tras dúas horas de negociacións saíu daquel toco levando unha bandeira árabe como proba de rendición”. [...] O ascenso social de Rom debeuse a algo máis que o seu simple rango militar; tamén posuía algún aderezo intelectual. Cada vez que regresaba a Europa, levaba consigo moitas mostras de bolboretas e, co tempo, foi elexido membro da Sociedade Entomolóxica de Bélxica. Aquí aparece despois dunha cacería, sobre a presa codiciada e portadora de marfil: o elefante.
Willard, cunha misión ben distinta a Marlow, é a súa figuración en “Apocalypse Now”.
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 10:14 pm (Imaxes)
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 10:08 pm (Imaxes)
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 9:43 pm (Imaxes)
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 9:05 pm (Imaxes)
Stanley atopa a Livingstone, en: http://www.abbeville.com/Products/InteriorImages/0789200112Interiors.htm
Stanley na expedición de 1877, en http://www.llb-detmold.de/ausstellungen/afrika/index.html
Stanley, en http://www.oxforddnb.com/public/themes/94/94053-content.html
Stanley, en http://es.wikipedia.org/wiki/Henry_Morton_Stanley

Stanley tomando un té, en http://manengumba.blogspot.com/2004/05/qu-hizo-stanley-por-africa-henry.html
Stanley con Kalulu, en http://libweb5.princeton.edu/visual_materials/maps/websites/africa/stanley/stanley.html
Stanley tomando un té e Stanley con Kalulu
Henry Stanley é coñecido mundialmente por ser un importante explorador do continente africano. Cabe destacar que Stanley era xornalista do The New York Herald e foi nun encargo do mesmo a unha pescuda do doutor, explorador e misioneiro David Livingstone. Así foi buscando unha exclusiva e regresou con exito. Toda a xente coñecía a nova e ao señor Livingstone. Stanley atopouno preto do lago Tanganica, onde pasou uns días xunto a el. Stanley coñeceuse mais tarde pola frase ”Livingstone supoño”, a súa fama naceu desta pescuda. E ata a mesma raíña Victoria agradeceulle a súa aventura. Na imaxe aparece co seu criado Kalulu, ao que adoptaria informalmente como fillo.
Stanley educou ao pequeno e levouno sempre con el. Este comportamento debeuse máis aos sentimentos de dor que gardaba no seu interior Stanley de cando fora abandonado de pequeno. Kalulu fíxolle fielmente de guía polo gran novo continente: África. Ademais crearon unha gran complicidade e regresaron xuntos de novo a Europa a recibir todas as felicitacións. O pequeno comparteu a fama con Stanley. Kalulu apuntouse a unha segunda expedición con Stanley por África, mais desafortunadamente morreu na viaxe afogado.
Por desgraza, é case imposibel atopar información acerca do pequeno amigo deste xornalista e da relación que lles uníu durante os anos do imperialismo europeo. Pero sen dúbida poderemos destacar que para a mente dun europeo o feito de facerse cargo dun neno de cor era irrefutablemente incorrecto posto que víanos como salvaxes sen nengún tipo de saber nin orde social. Stanley personalizaba ao pé da letra o comportamento do imperialista europeo, mais pretendía dar a imaxe aos demais de todo o contrario. É dicir, quería que os demais o visen como ao persoaxe bo. Livingstone, pola contra, era realmente un home que quería convivir e axudar aos nativos, el si que encarnaba a personalidade á que aspiraba Stanley.
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 8:43 pm (Imaxes, Textos)
“No maxín medieval [escribe Peter Forbath], aquela rexión era unha zona de máximo terror [...], onde os ceos arroxaban cortinas de lume líquido e as augas fervían [...] onde serpes en forma de rocha e ogros con aspecto de illa axexaban ao navegante, onde a man xigantesca de Satanás xurdía das profundidades insondables para atrapalo, onde a súa faciana e o seu corpo se volverían negros en sinal da vinganza de Deus pola insolencia de terse entrometido naquel misterio proibido. E aínda que lograse sobrevivir a todos aqueles perigos pantasmais e superalos na súa navegación, chegaría logo ao Mar da Escuridade e perderíase para sempre entre os bafos e a lama viscosa do extremo do mundo.”
Adam Hochschild: A pantasma do rei Leopoldo. Ed. Península, Barcelona, 2002.
Imaxe de mapa medieval extraído de: http://e-global.es/b2b-blog/category/cultura/page/2/
Mapa de África en 1829, en http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/history_africa.html
Mapa de África en 1885, en http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/history_africa.html
Mapa de África en 1890, en http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/history_africa.html
Deixa un comentario
Xaneiro 15, 2008 a 1:27 pm (Presentación)
O obxecto deste blog é rastrexar información sobre a novela “O corazón da escuridade”, de Joseph Conrad, que é motivo de traballo interdisciplinar no IES Neira Vilas durante o curso académico 2007-08. Aquí comentará o alumnado as imaxes da colonización belga do Congo, aquí faremos referencia a informacións e adaptacións cinematográficas da novela. Benvidas/os!
Deixa un comentario