Henry Morton Stanley

 Stanley atopa a Livingstone, en: http://www.abbeville.com/Products/InteriorImages/0789200112Interiors.htm

 Stanley na expedición de 1877, en http://www.llb-detmold.de/ausstellungen/afrika/index.html

 Stanley, en http://www.oxforddnb.com/public/themes/94/94053-content.html

 Stanley, en http://es.wikipedia.org/wiki/Henry_Morton_Stanley

 Stanley tomando un té, en http://manengumba.blogspot.com/2004/05/qu-hizo-stanley-por-africa-henry.html

 Stanley con Kalulu, en http://libweb5.princeton.edu/visual_materials/maps/websites/africa/stanley/stanley.html

Stanley tomando un té e Stanley con Kalulu

Henry Stanley é coñecido mundialmente por ser un importante explorador do continente africano. Cabe destacar que Stanley era xornalista do The New York Herald e foi nun encargo do mesmo a unha pescuda do doutor, explorador e misioneiro David Livingstone. Así foi buscando unha exclusiva e regresou con exito. Toda a xente coñecía a nova e ao señor Livingstone. Stanley atopouno preto do lago Tanganica, onde pasou uns días xunto a el. Stanley coñeceuse mais tarde pola frase ”Livingstone supoño”, a súa fama naceu desta pescuda. E ata a mesma raíña Victoria agradeceulle a súa aventura.   Na imaxe aparece co seu criado Kalulu, ao que adoptaria informalmente como fillo.

Stanley educou ao pequeno e levouno sempre con el. Este comportamento debeuse máis aos sentimentos de dor que gardaba no seu interior Stanley de cando fora abandonado de pequeno. Kalulu fíxolle fielmente de guía polo gran novo continente: África. Ademais crearon unha gran complicidade e regresaron xuntos de novo a Europa a recibir todas as felicitacións. O pequeno comparteu a fama con Stanley. Kalulu apuntouse a unha segunda expedición con Stanley por África, mais desafortunadamente morreu na viaxe afogado.

Por desgraza, é case imposibel atopar información acerca do pequeno amigo deste xornalista e da relación que lles uníu durante os anos do imperialismo europeo. Pero sen dúbida poderemos destacar que para a mente dun europeo o feito de facerse cargo dun neno de cor era irrefutablemente incorrecto posto que víanos como salvaxes sen nengún tipo de saber nin orde social. Stanley personalizaba ao pé da letra o comportamento do imperialista europeo, mais pretendía dar a imaxe aos demais de todo o contrario. É dicir, quería que os demais o visen como ao persoaxe bo. Livingstone, pola contra, era realmente un home que quería convivir e axudar aos nativos, el si que encarnaba a personalidade á que aspiraba Stanley.

Deixar un comentario