Comentario do apartado: Caricatura de Leopoldo II

Na caricatura, aparece Leopoldo II sostindo nas súas mans unhas bolsas cheas de diñeiro, que representan as riquezas apropiadas no Congo por Leopoldo II. Diante del, hai dous homes dándolle a espalda dos que só vense as pernas. O da esquerda, é un soldado francés, ao que podemos identificar grazas aos pantalóns de cor vermella, que eran caractarísticos dos soldados franceses (normalmente dos granadeiros da Garda Imperial). O home da dereita, é un soldado prusiano, un comandante do batallón movil, caracterizado por esas botas altas de cor negra.

Esta imaxe, simboliza a intención de Leopoldo II de manterse á marxe da guerra entre Francia e Prusia, que loitaron dende o 1870 ata o 1871. Prusia buscaba a unificación de Alemaña, e Francia pola súa parte tiña intencións de xuntarse a Luxemburgo. Cando o xeneral español Juan Prim visitou ao príncipe Carlos Antonio de Hozenzollern-Sigmarigen para expoñerlle a posibilidade de que o seu fillo Leopoldo aceptase o trono de España, Otto von Bismarck interviu para forzar a aceptación. Pouco despois Carlos Antonio renunciou á candidatura do seu fillo. Guillerme I enviou un telegrama a Bismarck (Telegrama de Ems) narrándolle o acontecido. Bismarck optou por modificar o telegrama de maneira que parecese que o embaixador francés fora despedido por Guiellerme I, e fíxoo público na prensa. Francia declaroulle a guerra a Prusia, pero finalmente Francia foi vencida por Prusia que, aliada xunto a Alemaña, formaban un moderno e eficiente exército.

 Leopoldo II mantivo esta neutralidade xa que soamente lle interesaba a explotación no Congo, e non quería por as grandes riquezas apropiadas desas terras en perigo.

Deixar un comentario