Na imaxe, aparece fotografiado en blanco e negro Leopoldo II de Bélxica. Amósase a súa face de perfil, cun talante serio, vestido cun traxe militar no que resalta o gorro.
Naceu en Bruselas no 1835 e finou en Bélxica no 1909. Foi rei de Bélxica sucedindo ao seu pai Leopoldo I. Durante a súa formación realizou numerosos viaxes por todo o mundo, o que marcaría nun futuro a súa política expansionista. Casou con María Enriqueta, filla do archiduque de Austria. Levou a cabo unha política de neutralidade, e logrou obter partido da rivalidade entre as principais potencias europeas. No 1876 fundou a Asociación Internacional Africana do cal era presidente. Na Conferencia de Berlín (1884-1885) reconoceuselle como soberano do Estado Libre do Congo, que pasou a chamarse Congo Belga. En 1908, ante as denuncias dos abusos cometidos no Congo, Leopoldo II cedeu a súa soberanía ao Estado belga.